xoves, 14 de maio de 2020

CADERNO DE EXPERIMENTOS DE CIENCIAS DA NATUREZA (plantillas)

Compártovos este caderno que elaborara para o alumnado de 6º de E.P. para que recolleran cada un dos experimentos que tiña previsto que realizaramos nesta última avaliación. Consta da portada para que poña o nome cada alumno/a, unha "infografía" cos pasos do método ciéntifico, dúas páxinas para que definan cada un dos principais conceptos científicos que deben coñecer no seu nivel e por último varias plantillas de diferentes cores para recoller todos os datos dos experimentos. Aquí tedes unhas imaxes de mostra. Pinchade na primeira para poder descargar o recurso.


       

VERSIÓN EN BRANCO E NEGRO: CADERNO DE EXPERIMENTOS