venres, 28 de agosto de 2020

mércores, 19 de agosto de 2020

 Levo varios cursos elaborando o meu propio caderno docente adaptado ao que a min me axuda para organizarme. Este ano anímome a compartilo  por se a alguén lle resulta útil todo ou algún apartado en concreto. É moi sinxelo, nada que ver cos deseños tan fantásticos que outras compañeiras compartiron, pero se pode ser de utilidade...

En realidade son dous cadernos:

-Caderno docente: con datos persoais, horarios, gardas, contas e contrasinais, páxinas web, calendario, conmemoracións, aniversarios, planificacións mensuais e semanais (aparecen seis apartados en cada día porque incluín o tempo de lectura), reunións, saídas...
-Rexistros do alumnado: con fichas de rexistro individuais, rexistros por materias e titorías.

Como vedes nas imaxes encaderneinos por separado e con perforadora tipo “planner” para ir engadindo ou quitando páxinas se é necesario. Eu só imprimín a planificación do primeiro trimestre para que así non sexa tan pesado o caderno. Despois pódense quitar esas páxinas e colocar as do segundo trimestre.

Hai apartados dos que podedes imprimir o número de páxinas que vexades necesario (reunións, titorías, fichas individuais...). Eu engadín unha cantidade orientativa.

Agardo que non haxa ningún erro. Se tedes algunha dúbida ou suxestión...



 



Podedes colocar uns marcapáxinas e poñer neles "post-it" para telos á man.