Levo varios cursos elaborando o meu propio caderno docente adaptado ao que a min me axuda para organizarme. Este ano anímome a compartilo por se a alguén lle resulta útil todo ou algún apartado en concreto. É moi sinxelo, nada que ver cos deseños tan fantásticos que outras compañeiras compartiron, pero se pode ser de utilidade...
En realidade son dous cadernos:
Como vedes nas imaxes encaderneinos por separado e con perforadora tipo “planner” para ir engadindo ou quitando páxinas se é necesario. Eu só imprimín a planificación do primeiro trimestre para que así non sexa tan pesado o caderno. Despois pódense quitar esas páxinas e colocar as do segundo trimestre.
Hai apartados dos que podedes imprimir o número de páxinas que vexades necesario (reunións, titorías, fichas individuais...). Eu engadín unha cantidade orientativa.
Agardo que non haxa ningún erro. Se tedes algunha dúbida ou suxestión...
Me encanta!!!Gracias por compartir
ResponderEliminarEstá xeniaaal, son mestra de infantil e encántame! Totalmente compatible, moitas gracias por compartir!!
ResponderEliminarGraciñas!
EliminarEncantame! Moitas grazas. E gústame moito esa maneira de encuadernar, non a conocía. Cómo se chama? Cómo se fai? Onde a podo atopar? Grazas de novo.
ResponderEliminarGraciñas polas túas palabras. A perdoradora e os discos podes mercalos en Amazon ou en alguhas papelerías. Deixoche aquí as ligazóns:
ResponderEliminarPERFORADORA (ollo non é para tamaño A4 terás que perforar cada folio dúas veces): https://www.amazon.es/gp/product/B01BULCCQW/ref=ppx_yo_dt_b_asin_title_o02_s00?ie=UTF8&psc=1
DISCOS: https://www.amazon.es/gp/product/B087Q7RY59/ref=ppx_yo_dt_b_asin_title_o02_s00?ie=UTF8&psc=1
*Perforadora.
EliminarGrazas por compartilo. É un traballo enorme e o de poder engadir follas encántame porque a maioría son ríxidos. Grazas!!!
EliminarQue chulada!
ResponderEliminarExcelente traballo, moitas grazas por compartir.
ResponderEliminar