Etiquetas

MATEMÁTICAS (35) GALEGO (21) CIENCIAS DA NATUREZA (19) 1ºEP (16) CONMEMORACIÓNS (14) INFANTIL (10) BANDERÍNS (9) NADAL (9) xogamos en GALEGO (8) LECTOESCRITURA (7) 2ºEP (5) COMEZO DE CURSO (5) VARIOS (5) 1ºEP LECTOESCRITURA (4) APOIO VISUAL MESA (4) ESCRITA EN GALEGO (4) 1ºEP GALEGO (3) CIENCIAS SOCIAIS (3) PRIMEIRO DÍA (3) TABLAS DE MULTIPLICAR (3) 8M (2) ALFABETO (2) CADERNO DOCENTE (2) CALENDARIO (2) CARTEIS COVID (2) CASTELÁN (2) CONCIENCIA FONOLÓXICA (2) DEREITOS HUMANOS (2) DIPLOMAS (2) EXPRESIÓN ESCRITA EN GALEGO (2) NUMERACIÓN (2) ORTOGRAFÍA (2) PRINCIPIO ALFABÉTICO (2) RECICLAXE (2) ROSALÍA DE CASTRO (2) SAMAÍN (2) SOCIAIS (2) TICS (2) 25N (1) 4ºEP (1) ANIVERSARIOS (1) ASEMBLEA (1) AUTOINSTRUCIÓNS (1) BIBLIO AULA (1) BINGO (1) CADERNO DOCENTE 20-24 (1) CADERNO DOCENTE 23-24 (1) CADERNO DOCENTE E REXISTRO DO ALUMNADO 22-23 (1) CADERNO PRIMEIRO CICLO (1) CADERNO REXISTRO ALUMNADO (1) CADERNO REXISTRO ALUMNADO 23-24 (1) CALENDARIO EN GALEGO (1) CALENDARIO GALEGO PARA COLGAR cores pastel (1) CALENDARIO MENSUAL (1) CALENDARIOS EN GALEGO (1) CARTEIS (1) CARTEIS CLASES DE PALABRAS (1) COMECOCOS DE VERÁN (1) CONTEO (1) DECORACIÓN AULA (1) DETALLES (1) DÍA DO LIBRO (1) DÍAS DA SEMANA (1) DÍAS DA SEMANA: ONTE HOXE E MAÑÁ (1) ESCRITURA CREATIVA EN GALEGO (1) ESCRITURA PALABRAS (1) ESTACIÓNS (1) HORA (1) HORARIO DE AULA (1) LENGUA CASTELLANA ORTOGRAFÍA (1) LETRAS GALEGAS 2021 (1) LETRAS GALEGAS 2022 (1) LETRAS GALEGAS 2023 (1) LINGUA (1) MEDIOAMBIENTE (1) NOMES COMÚNS E PROPIOS (1) NOMES E INDIVIDUAIS COLECTIVOS (1) ORGANIZACIÓN AULA (1) OUTONO (1) PAZ (1) PLANETAS (1) PORTADAS (1) PT (1) TODO PARA ORGANIZAR A AULA (1) TRAZO (1) UNIDADES DE MEDIDA (1) VALORES (1) VERBOS PRESENTE PASADO E FUTURO (1) VERÁN (1) VOGAIS (1) ciclos plantas e animais (1)

domingo, 15 de agosto de 2021

BANDERÍNS DE BENVIDA

Se pinchades na seguinde imaxe accederedes a unha carpeta con 7 modelos diferentes de banderíns de benvida para a vosa aula.


 

venres, 6 de agosto de 2021

CADERNO DE REXISTRO DO ALUMNADO

Xa tedes dispoñible o segundo caderno de rexistro do alumnado. Con varios apartados: lista alumnado, fichas individuais, rexistro de conduta, avaliación por materias (mantiven as dúas ciencias xa que na LOMLOE se recolle que a área de coñecemento do medio se poderá desdobrar en ciencias sociais e ciencias da natureza), rexistro de titorías. Ademais engado un anexo para anotar cousiñas sobre os cadernos (podedes colocalos despois de cada materia se así o desexades). Agardo que vos guste e vos sexa útil. Se observades algún erro facédemo saber para corrixilo.

 Dalgúns apartados podedes facer as copias que precisedes.


1. Listado do alumnado.

2. Fichas individuais.

3. Avaliación de materias.

4. Rexistro de condutas.

5. Rexistro de titorías coas familias.

Engado un anexo extra para o rexistro dos cadenos que podedes engadir ao final da avaliación de cada materia.






martes, 3 de agosto de 2021

CADERNO DOCENTE CURSO 2021-2022

 Aquí tedes o novo caderno docente. É moi semellante ao do curso pasado pero con novos apartados e algunhas melloras. Agardo que vos guste e vos sexa de utilidade. 

Se observades algún erro facédemo saber para rectificalo. 

Apartados do caderno: 

1 Datos persoais.

2. Horarios, gardas, páxinas web de interese...

3. Contas e contrasinais.

4. Datos das familias.

5. Calendarios, conmemoracións, aniversarios...

6. Planificación anual, mensual e semanal.

7. Rexistro de saídas.

8. Datos sobre enfermidades ou alerxias, gastos, distribución da aula.

9. Reunións.