Amosando publicacións coa etiqueta TICS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TICS. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2020

CONSELLOS PARA SACAR FOTOS AOS TRABALLOS

Nas circunstancias nas que nos atopamos moitos centros optaron porque o seu alumnado lles envíe fotos das tarefas que van realizando. No meu caso concreto algúns alumnos mandaban as fotos dun xeito que moitas veces non permitía velas correctamente. Decidín prepararlles esta tarxetiña cunha serie de consellos. Compártoa con todos vós por se vos resulta de utilidade:



luns, 17 de febreiro de 2020

TRATAMENTO BÁSICO DE TEXTOS

Preparei este material para os máis maiores co obxectivo de que lles servise como unha pequena guía cando fagan uso dos procesadores de texto. Neste caso é Word xa que é o que está instalado na maioría dos ordenadores do meu centro. Como digo son pautas e consellos moi básicos e por suposto poderíanse engadir máis cousiñas, pero é un xeito de inicialos. Se vos é de utilidade podédelo descargar facendo clic na imaxe: