Etiquetas

MATEMÁTICAS (35) GALEGO (21) CIENCIAS DA NATUREZA (19) 1ºEP (16) CONMEMORACIÓNS (15) INFANTIL (11) BANDERÍNS (9) NADAL (9) xogamos en GALEGO (8) LECTOESCRITURA (7) 2ºEP (5) COMEZO DE CURSO (5) VARIOS (5) 1ºEP LECTOESCRITURA (4) APOIO VISUAL MESA (4) ESCRITA EN GALEGO (4) 1ºEP GALEGO (3) CIENCIAS SOCIAIS (3) PRIMEIRO DÍA (3) TABLAS DE MULTIPLICAR (3) 8M (2) ALFABETO (2) CADERNO DOCENTE (2) CALENDARIO (2) CARTEIS COVID (2) CASTELÁN (2) CONCIENCIA FONOLÓXICA (2) DEREITOS HUMANOS (2) DIPLOMAS (2) EXPRESIÓN ESCRITA EN GALEGO (2) NUMERACIÓN (2) ORTOGRAFÍA (2) PRINCIPIO ALFABÉTICO (2) RECICLAXE (2) ROSALÍA DE CASTRO (2) SAMAÍN (2) SOCIAIS (2) TICS (2) 25N (1) 4ºEP (1) ANIVERSARIOS (1) ASEMBLEA (1) ATENCIÓN (1) AUTOINSTRUCIÓNS (1) BIBLIO AULA (1) BINGO (1) CADERNO DOCENTE 20-24 (1) CADERNO DOCENTE 23-24 (1) CADERNO DOCENTE E REXISTRO DO ALUMNADO 22-23 (1) CADERNO PRIMEIRO CICLO (1) CADERNO REXISTRO ALUMNADO (1) CADERNO REXISTRO ALUMNADO 23-24 (1) CALENDARIO EN GALEGO (1) CALENDARIO GALEGO PARA COLGAR cores pastel (1) CALENDARIO MENSUAL (1) CALENDARIOS EN GALEGO (1) CARTEIS (1) CARTEIS CLASES DE PALABRAS (1) COMECOCOS DE VERÁN (1) CONTEO (1) DECORACIÓN AULA (1) DETALLES (1) DÍA DO LIBRO (1) DÍAS DA SEMANA (1) DÍAS DA SEMANA: ONTE HOXE E MAÑÁ (1) ESCRITURA CREATIVA EN GALEGO (1) ESCRITURA PALABRAS (1) ESTACIÓNS (1) HORA (1) HORARIO DE AULA (1) LENGUA CASTELLANA ORTOGRAFÍA (1) LETRAS GALEGAS 2021 (1) LETRAS GALEGAS 2022 (1) LETRAS GALEGAS 2023 (1) LETRAS GALEGAS 2024 (1) LINGUA (1) MEDIOAMBIENTE (1) NOMES COMÚNS E PROPIOS (1) NOMES E INDIVIDUAIS COLECTIVOS (1) ORGANIZACIÓN AULA (1) OUTONO (1) PATRÓNS (1) PAZ (1) PLANETAS (1) PORTADAS (1) PT (1) TODO PARA ORGANIZAR A AULA (1) TRAZO (1) UNIDADES DE MEDIDA (1) VALORES (1) VERBOS PRESENTE PASADO E FUTURO (1) VERÁN (1) VOGAIS (1) ciclos plantas e animais (1)

sábado, 29 de febreiro de 2020

TARXETAS DE PROBLEMAS

Con estas tarxetas pódense levar a cabo distintos tipos de actividades: para resolver en parellas, en grupos, en equipos de traballo cooperativo...
Eu elaboreinas para o meu alumnado de cuarto de primaria pero pódense empregar noutros cursos. Son problemas bastante sinxelos.
Se observades algún erro poñédemo nos comentarios.
Para acceder ao material facede clic na primeira imaxe.




domingo, 23 de febreiro de 2020

PLANTILLA PARA REDONDEO DE DECENAS E CENTENAS

Esta é unha plantilla que empreguei con aqueles alumnos e alumnas aos que lles custou especialmente o redonceo de decenas e centenas. 
Débense imprimir as plantillas (non a dobre cara, non coinciden ben porque estas están feitas en word) pegalas e plastificalas. A liña azul e a liña verde débense recortar xa que por aí vaise introducir a frecha para movela dun lado para outro.
Para descargala non tedes máis que pulsar na primeira imaxe.




luns, 17 de febreiro de 2020

TRATAMENTO BÁSICO DE TEXTOS

Preparei este material para os máis maiores co obxectivo de que lles servise como unha pequena guía cando fagan uso dos procesadores de texto. Neste caso é Word xa que é o que está instalado na maioría dos ordenadores do meu centro. Como digo son pautas e consellos moi básicos e por suposto poderíanse engadir máis cousiñas, pero é un xeito de inicialos. Se vos é de utilidade podédelo descargar facendo clic na imaxe:







XOGAMOS EN GALEGO: o dominó das clases de palabras

Como xa vos dicía na entrada anterior, hai dúas versións do dominó: unha delas para traballar o xénero e outra para diferenciar tres catergorías de clases de palabras ( nome, adxectivo e verbo). 
Pichade na imaxe para descargar o PDF.

TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM

XOGAMOS EN GALEGO: DOMINÓ DA LINGUA ( xénero)

Un novo xogo, neste caso, para traballar o xénero. As recomendacións para imprimir as pezas e plastificalas son as mesmas que no  xogo das adiviñas. (ver esa entrada). Estou preparando un xogo do dominó semellante a este pero para traballar o nome, o adxectivo e o verbo.
Se observades algún erro facédemo saber por favor. Non están pensadas para imprimir a dobre cara.



Podes descargalo pinchando na imaxe:



TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM

XOGAMOS EN GALEGO: O XOGO DOS DEBUXOS

Este xogo está pensado especialmente para os máis pequenos. No meu caso empregueino cun grupo de alumnos e alumnas que non empregan habitualmente o galego. Con este xogo só pretendía que se familiarizaran con algún vocabulario de xeito máis lúdico.

Podedes descargalo pinchando na imaxe. Non están pensadas para imprimir a dobre cara.


TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM

XOGAMOS EN GALEGO: DE QUE FALO?

Xogamos en GALEGO:
 DE QUE FALO? é un sinxelo xogo para fomentar que o alumnado fale en galego entre eles. 

Podedes descargalo pinchando na seguinte imaxe.



TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM

XOGAMOS EN GALEGO: CADA OVELLA COA SÚA PARELLA

Comparto un novo xogo, neste caso para emparellar frases feitas co seu significado. Podedes pinchar na imaxe para descargar o pdf. 
As recomendacións para imprimilas e plastificalas son as mesmas que no anterior xogo das adiviñas.


TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM
As frases aquí recollidas son coñecidas popularmente, neste caso, aparecen recopiladas na seguinte páxina : https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/frases.htm#1
con licencia para compartilas e adaptalas (https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/). 

Cando poño no documento" realizado por min" refírome á parte da elaboración das tarxetas e do formato, non do contido.

XOGAMOS EN GALEGO: O XOGO DAS ADIVIÑAS

O xogo consta de: 36 adiviñas, as normas para xogar e unha tarxeta para rexistrar as puntuacións dos participantes. 
Na primeira páxina do pdf aparecen as "portadas das tarxetas". Hai que imprimir tantas copias como adiviñas. Eu imprimín as "portadas" e as adiviñas e logo pegueinas unhas a outras e plastifiqueinas. Non recomendo facelo a dobre cara xa que os documentos non van a coicidir exactamente e ademais ao facelo por separado o acabado é mellor e non se notan os debuxos ou os textos pola cara inversa.
Se observades algún erro facédemo saber por favor.

Pincha na primeira imaxe  para descargar o PDF do xogo das adiviñas.





TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM
As adiviñas aquí recollidas son coñecidas popularmente, neste caso, algunhas das que puxen aparecen recopiladas na seguinte páxina : https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/frases.htm#1
con licencia para compartilas e adaptalas (https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/). 
Cando poño no documento "realizado por min" refírome á parte da elaboración das tarxetas e do formato, non do contido.
Outras son adiviñas populares que coñecía dende pequena.