O xogo consta de: 36 adiviñas, as normas para xogar e unha tarxeta
para rexistrar as puntuacións dos participantes.
Na primeira páxina do pdf aparecen as "portadas das
tarxetas". Hai que imprimir tantas copias como adiviñas. Eu imprimín
as "portadas" e as adiviñas e logo pegueinas unhas a outras e
plastifiqueinas. Non recomendo facelo a dobre cara xa que os documentos non van
a coicidir exactamente e ademais ao facelo por separado o acabado é mellor e
non se notan os debuxos ou os textos pola cara inversa.
Se observades algún erro facédemo saber por favor.
Pincha na primeira imaxe para descargar o PDF
do xogo das adiviñas.
TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM
As adiviñas aquí recollidas son coñecidas popularmente, neste caso, algunhas das que puxen aparecen recopiladas na seguinte páxina : https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/frases.htm#1
con licencia para compartilas e adaptalas (https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/).
Cando poño no documento "realizado por min" refírome á parte da elaboración das tarxetas e do formato, non do contido.
Outras son adiviñas populares que coñecía dende pequena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario