venres, 7 de novembro de 2025

VALORES: ALGUNHAS IDEAS DE DINÁMICAS PARA FACER EN GRAN GRUPO

1. 👤 "Características dun bo/a líder, dun/ha bo/a compañeiro/a e dunha boa persoa". (Recomendo imprimir en tamaño A3). Poden escribir sobre as siluetas con rotulador branco.

2. ⭕🔘 "Cousas que podo ou non podo controlar". (Recomendo imprimir en A3 tamén). Entregamos as etiquetas recortadas para que as vaian clasificando no apartado correspondente.

3. 🍵"Palabras ou frases que me calman" (o recomendable é imprimilo tipo póster para que quede de tamaño bastante grande e poidan escribir mellor).

4. ❤️🧡"Emocións/sentimentos" (imprimir tamén en A3) . Debemos darlles as etiquetas como na actividade 2 e irán colocándoas na caixa correspondente.