venres, 3 de setembro de 2021

CALENDARIO EN GALEGO (PARA COLOCAR NUNHA CARTOLINA)

 

Velaquí un modelo de calendario que empreguei o curso pasado co alumnado de primeiro de primaria. É moi sinxelo e esta pensado para colocalo con velcro nunha cartolina.
Como veredes empreguei tres cores para os números: verde para os días da semana que hai cole, morado para as fins de semana e festivos (nós diciamos días sen cole) e vermello para sinalar o día no que estabamos.


mércores, 1 de setembro de 2021

DECORACIÓN ANIVERSARIOS

 Aquí tedes tres modelos para descargar. Hai dous tamaños de banderíns e unha tarxeta para cada mes do ano. Os meses podedes plastificalos e despois escribir con rotu os nomes dos alumnos ou pegalos con velcro.





domingo, 15 de agosto de 2021

BANDERÍNS DE BENVIDA

Se pinchades na seguinde imaxe accederedes a unha carpeta con 7 modelos diferentes de banderíns de benvida para a vosa aula.


 

venres, 6 de agosto de 2021

CADERNO DE REXISTRO DO ALUMNADO

Xa tedes dispoñible o segundo caderno de rexistro do alumnado. Con varios apartados: lista alumnado, fichas individuais, rexistro de conduta, avaliación por materias (mantiven as dúas ciencias xa que na LOMLOE se recolle que a área de coñecemento do medio se poderá desdobrar en ciencias sociais e ciencias da natureza), rexistro de titorías. Ademais engado un anexo para anotar cousiñas sobre os cadernos (podedes colocalos despois de cada materia se así o desexades). Agardo que vos guste e vos sexa útil. Se observades algún erro facédemo saber para corrixilo.

 Dalgúns apartados podedes facer as copias que precisedes.


1. Listado do alumnado.

2. Fichas individuais.

3. Avaliación de materias.

4. Rexistro de condutas.

5. Rexistro de titorías coas familias.

Engado un anexo extra para o rexistro dos cadenos que podedes engadir ao final da avaliación de cada materia.






martes, 3 de agosto de 2021

CADERNO DOCENTE CURSO 2021-2022

 Aquí tedes o novo caderno docente. É moi semellante ao do curso pasado pero con novos apartados e algunhas melloras. Agardo que vos guste e vos sexa de utilidade. 

Se observades algún erro facédemo saber para rectificalo. 

Apartados do caderno: 

1 Datos persoais.

2. Horarios, gardas, páxinas web de interese...

3. Contas e contrasinais.

4. Datos das familias.

5. Calendarios, conmemoracións, aniversarios...

6. Planificación anual, mensual e semanal.

7. Rexistro de saídas.

8. Datos sobre enfermidades ou alerxias, gastos, distribución da aula.

9. Reunións.