luns, 17 de febreiro de 2020

XOGAMOS EN GALEGO: DOMINÓ DA LINGUA ( xénero)

Un novo xogo, neste caso, para traballar o xénero. As recomendacións para imprimir as pezas e plastificalas son as mesmas que no  xogo das adiviñas. (ver esa entrada). Estou preparando un xogo do dominó semellante a este pero para traballar o nome, o adxectivo e o verbo.
Se observades algún erro facédemo saber por favor. Non están pensadas para imprimir a dobre cara.



Podes descargalo pinchando na imaxe:



TODAS AS IMAXES DO XOGO SON DE PIXABAY.COM

8 comentarios:

  1. Moitas grazas por compartir!
    Non é fácil atopar material coma este en galego.

    ResponderEliminar
  2. Ola Cris:
    Acabo de atopar o teu blogue e o fantástico material que ofreces. Paréceme unha pasada!!! Parabéns e moitas grazas por compartilo. Fágome seguidora túa desde xa e invítote a pasar polo meu "recuncho" cando che apeteza: https://orecunchodasfadas.blogspot.com/
    Lémonos!!
    Un saúdo, Anabel.

    ResponderEliminar
  3. Ola Cris! Parabéns polo teu traballo! Eu son profe de francés pero este ano tocoume impartir tamén galego e penso que os teus materiales poden ir ben para xogar un pouco cos meus de 1º ESO!!! Grazas!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Parabéns!!É moi importante que dende ben pequen@s,vexan o galego como unha lingua válida para todo e todas e para xogar tamén.!!!!

    ResponderEliminar