Esta plantilla pode empregarse con aqueles alumnos ou alumnas que teñen dificultades para determinar o valor da posición das cifras. Nela poden ir anotando númenos ata o millón na parte enteira e ata as milésimas na parte decimal. Pódedes imprimir, cortar e plastificar para que logo escriban cun rotulador borrable. Deste xeito podedes empregar a plantilla cantas veces queirades. Tamén poden pegala na mesa para facer uso dela cando o precisen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario