domingo, 7 de febreiro de 2021

OS NÚMEROS DO 20 AO 100

 Comparto este recurso para traballar a numeración ata o 100. Son tarxetas que permiten facer diferentes tipos de actividades:

- Ordenar os números.

- Agrupar por familias das decenas.

- Comparación (maior e menor).

- Agrupar en pares e impares.

- Adiviñar o número tapando a cifra e lendo o nome.

- Proximamente prepararei outras tarxetas coa representación de cada cantidade para que emparellen co número correspondente.

Se observades algún erro facédemo saber.



Ningún comentario:

Publicar un comentario