Elaborei estas plantillas para os alumnos con máis dificultades na suma e na resta. O que fixen foi plastificalas e eles escriben con rotuladores borrables. Podemos usar, por exemplo, dados para as operacións para facelo máis ameno.
mércores, 25 de novembro de 2020
luns, 23 de novembro de 2020
Elaborei este material para facilitar a familiarización coa letra de imprenta. Algúns nenos amosan dificultades cando collen un libro da nosa biblio de aula. Deste xeito poden ir recoñecendo mellor un tipo de letra que lles resulta aínda novidosa.
Está dispoñible en "tres formatos":
- Nunha mesma folla co alfabeto en castelán e en galego.
- Só en castelán ( dous na mesma páxina para aproveitar o papel)
- Só en galego.
martes, 3 de novembro de 2020
ARTIGO FEMININO E MASCULINO CON IMAXES
Nesta ocasión elaborei unhas tarxetas con imaxes nas que terán que elixir entre o artigo feminino ou o masculino.
Para descargar pinchar na primeira imaxe:
venres, 23 de outubro de 2020
Chaveiro do alfabeto
sábado, 17 de outubro de 2020
domingo, 4 de outubro de 2020
martes, 22 de setembro de 2020
ALFABETOS EN GALEGO E EN CASTELÁN PARA PEGAR NA MESA DO ALUMNADO
Este curso teño unha titoría de 1º e este pareceume un recurso que lles podía axudar aos pequenos coa lectoescritura de xeito visual.
PINCHADE NA PRIMEIRA IMAXE:
luns, 14 de setembro de 2020
martes, 8 de setembro de 2020
venres, 28 de agosto de 2020
luns, 24 de agosto de 2020
mércores, 19 de agosto de 2020
Levo varios cursos elaborando o meu propio caderno docente adaptado ao que a min me axuda para organizarme. Este ano anímome a compartilo por se a alguén lle resulta útil todo ou algún apartado en concreto. É moi sinxelo, nada que ver cos deseños tan fantásticos que outras compañeiras compartiron, pero se pode ser de utilidade...
En realidade son dous cadernos:
Como vedes nas imaxes encaderneinos por separado e con perforadora tipo “planner” para ir engadindo ou quitando páxinas se é necesario. Eu só imprimín a planificación do primeiro trimestre para que así non sexa tan pesado o caderno. Despois pódense quitar esas páxinas e colocar as do segundo trimestre.
Hai apartados dos que podedes imprimir o número de páxinas que vexades necesario (reunións, titorías, fichas individuais...). Eu engadín unha cantidade orientativa.
Agardo que non haxa ningún erro. Se tedes algunha dúbida ou suxestión...










