venres, 24 de abril de 2020

FICHA TÉCNICA: MICROSCOPIO (6º E.P.)


CONSELLOS PARA SACAR FOTOS AOS TRABALLOS

Nas circunstancias nas que nos atopamos moitos centros optaron porque o seu alumnado lles envíe fotos das tarefas que van realizando. No meu caso concreto algúns alumnos mandaban as fotos dun xeito que moitas veces non permitía velas correctamente. Decidín prepararlles esta tarxetiña cunha serie de consellos. Compártoa con todos vós por se vos resulta de utilidade:



venres, 27 de marzo de 2020

PROPOSTAS PARA MATEMÁTICAS 4º E.P.

Compártovos unhas fichiñas sinxelas, e agardo que divertidas, para repasar algunhas cousiñas de matemáticas (4º E.P.). Son fundamentalmente de cálculo e de resolución de problemas pero dun xeito un pouquiño máis lúdico. Prepareinas para a próxima e  última semana antes das vacacións.

                                         


E por favor se observades algún erro poñédemo nos comentarios. Moitas grazas.

xoves, 26 de marzo de 2020

REPRESENTACIÓN DE FRACCIÓNS E DECIMAIS

Deixovos aquí unha actividade sinxela de repaso de números decimais. No meu caso é para cuarto de primaria pero igual podedes empregalo noutros niveis. Eu fíxeno pensando en que escriban as respostas no seu caderno.




luns, 23 de marzo de 2020

INVENTAR HISTORIAS CON DADOS

Esta é unha actividade de escritura creativa. Non é unha actividade nova, nin moito menos. Podemos encontrar facilmente na rede varios modelos, pero en galego resulta case imposible. Eu elaboreina para segundo de primaria. Pode ser útil para que a realicen estes días nas súas casas.



VERSIÓN EN CASTELÁN:



luns, 16 de marzo de 2020

XERMINACIÓN DUNHA LEGUME

Compártovos esta "plantilla" da xerminación dunha faba. No currículo de sexto, en ciencias da natureza, faise referencia a que deben observar e rexistrar algún proceso asociado a un ser vivo. Ocorréuseme que esta podía ser unha boa alternativa para que poidan realizar na casa estes días sen cole.



domingo, 15 de marzo de 2020

FLIPBOOK ECOSISTEMAS



Aquí vos deixo un flipbook que elaborei para estes días tan raros que nos esperan. É para o alumnado de sexto. Con el pretendo que repasen dunha maneira máis lúdica o tema dos ecosistemas que xa viramos no primeiro trimestre. Centreime nestes ecosistemas porque son aos que fan referencia algúns estándares desta área neste curso.

domingo, 1 de marzo de 2020

NÚMEROS ROMANOS: normas e trucos

Recopilatorio das normas máis importantes á hora de escribir os números romanos:



VALOR POSICIONAL: plantilla

Esta plantilla pode empregarse con aqueles alumnos ou alumnas que teñen dificultades para determinar o valor da posición das cifras. Nela poden ir anotando númenos ata o millón  na parte enteira e ata as milésimas na parte decimal. Pódedes imprimir, cortar e plastificar para que logo escriban cun rotulador borrable. Deste xeito podedes empregar a plantilla cantas veces queirades. Tamén poden pegala na mesa para facer uso dela cando o precisen.


sábado, 29 de febreiro de 2020

TARXETAS DE PROBLEMAS

Con estas tarxetas pódense levar a cabo distintos tipos de actividades: para resolver en parellas, en grupos, en equipos de traballo cooperativo...
Eu elaboreinas para o meu alumnado de cuarto de primaria pero pódense empregar noutros cursos. Son problemas bastante sinxelos.
Se observades algún erro poñédemo nos comentarios.
Para acceder ao material facede clic na primeira imaxe.




domingo, 23 de febreiro de 2020

PLANTILLA PARA REDONDEO DE DECENAS E CENTENAS

Esta é unha plantilla que empreguei con aqueles alumnos e alumnas aos que lles custou especialmente o redonceo de decenas e centenas. 
Débense imprimir as plantillas (non a dobre cara, non coinciden ben porque estas están feitas en word) pegalas e plastificalas. A liña azul e a liña verde débense recortar xa que por aí vaise introducir a frecha para movela dun lado para outro.
Para descargala non tedes máis que pulsar na primeira imaxe.